CRTVG

Buscar

Anova desbotou a alianza polo intento de imposición de Yolanda Díaz na lista de Pontevedra

Publicado o 16/03/2019 18:50


Sobre a crise aberta logo de que Anova decidira non concorrer nunha alianza electoral con Podemos Galicia e Esquerda Unida, Antón Sánchez apuntou un dos asuntos chaves para rachar coas conversas: o intento de colocar a Yolanda Díaz como cabeza de listas por Pontevedra.

Asegura Anton Sanchez, nunha entrevista en Europa Press, que era un posto reservado para Anova nas candidaturas das xerais en 2015 e a súa repetición en 2016. Ao "non ser posible" alcanzar "un acordo entre iguais" como nos últimos comicios, as negociacións encallaron.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019