Anova buscará unha candidatura "de unidade popular" sen En Marea
Publicado o 16/02/2019 13:57
Os partidos que formaron a coalición de En Marea nos últimos comicios non van repetir fórmula nas vindeiras eleccións do 28 de abril.
O
partido instrumental que lidera Luis Villares vai presentarse como formación propia, mentres que as organizacións que conformaron a coalición electoral nos anteriores comicios traballan na reedición desa alianza. Anova facía hoxe un chamamento á unidade, deixando fora a En Marea. Asegura que impulsará unha candidatura de unidade popular afastada do partido instrumental. Dirixentes de Anova, Esquerda Unida e Podemos Galicia buscarán a fórmula para esa alianza. A marca En Marea está rexistrada no ministerio de Interior como partido político a nome de persoas afíns a Luis Villares.