CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Aniversario do Museo da Emigración Galega da Arxentina

Publicado o 13/12/2015 21:26

O Museo da Emigración Galega na Arxentina, o MEGA, acaba de cumprir 10 anos e para celebralo quixo premiar ós que colaboraron no crecemento desta institución.
O acto serviu tamén para presentar a nova mostra do museo: "Cartas con morriña". Durante a xornada non faltou a música galega nin a queimada.

Logo dunha década adicada a preservar a memoria histórica da emigración galega cara a Arxentina, o MEGA celebrou o seu aniversario premiando a quenes axudaron con doazons a facer medrar a institución.

É un centro referente que ten entre os seus desafíos consolidar, ampliar e dixitalizar os seus contidos.

Paco Lores, Director do Museo da Emigración Galega na Arxentina:
"Para nós é un orgullo como galegos porque éste é o museo máis importante de toda a diáspora".

O museo aprobeitou a efeméride para renovar o contido das súas vitrinas e estrear unha nova mostra: "Cartas con morriña".

Miguel Chiloteguy, Subdirector do Museo da Emigración Galega na Arxentina:
"Una cantidad de 50 cartas aproximadamente de entre 1920 e 1969. Uno en ese abanico cronológico puede ver los diveros cambios pero la realidad es que los temas son recurrentes".

Na celebración non faltou o son da Banda de Gaitas "Dúas beiras" de Bos Aires, o grupo folk Achaiva da Ponte e, por suposto, a tradicional queimada e o conxuro a cargo do mestre de cerimonias por excelencia da colectividade, O Muxo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí