CRTVG

Buscar

Anhelos nas casas durante o confinamento: terrazas, cociñas e corredores máis amplos

Publicado o 08/05/2020 22:27

Unhas tres mil persoas de momento participaron nunha enquisa en Internet que, cunha linguaxe nada técnica, pregunta sobre como nos sentimos nas nosas casas, agora que estamos confinados. Entre as respostas máis repetidas, de momento, salta á vista que anhelamos cociñas máis grandes, máis luminosidade, casas mellor illadas acusticamente para non escoitar tanto os vecinos. E, chama a atención,
unha gran maioría dos que responderon din querer corredores máis amplos. Tamén se piden terrazas aínda que, segundo a arquitecta que fai as entrevistas, hai certa idealización deses espazos abertos nas vivendas que, ao final, pouco uso se lles dá.

A idea do proxecto naceu deste xesto. Lucía observaba as terrazas e as ventás dos seus veciños e constataba que case non as usaban malia ser, as terrazas, un desexo global de quen non a ten en confinamento. Entón ocorreuselle facer unha enquisa por Internet, baixo o punto de vista da arquitectura, para saber como vivimos, como son as nosas casas e que cambiariamos delas.

Unhas tres mil persoas responderon de momento. A maioría queren casas máis luminosas, con cociñas máis grandes, máis ventàs e, tamén, corredores máis amplos.

De momento, só tres de cada dez dos que responderon à enquisa din que buscaràn outra casa cando acabe o confinamento. Máis da metade din estar a gusto vivindo onde viven actualmente.


 

Noticias web

08/05/2020