CRTVG

Buscar

Angustioso rescate no porto de Tarifa

Publicado o 13/09/2017 22:26

Un menor de quince anos ocultouse nos baixos dun autobús para entrar desde Marrocos a España. A calor e a estreitura do lugar onde se agochara complicaron o labor da policía. Houbo que desmontar partes do vehículo para liberalo.

Son os momentos de angustia que viviu este luns a Policía no porto de Tarifa. Nunha inspección a un autobús turístico español que cubría a liña entre Tánxer e a cidade gaditana, os axentes localizaron un menor agochado nos baixos do vehículo. Quedara atrapado e pedía axuda.

O rapaz introducírase por un burato cando os niveis do amortecemento do autobús estaban no nivel máis elevado; porén, dito nivel baixou, e  oco estreitouse ata facer imposible a posibilidade de volver saír por el. A situación complicouse polas altas temperaturas e pola debilidade do menor.

Tras o complicado rescate, o menor foi atendido no mesmo lugar e trasladado a Alxeciras para pasar á custodia da entidade autonómica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017