CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

"Angrois no esquecemento", a voz das vítimas un ano despois

Publicado o 30/11/2014 14:57
Os protagonistas do accidente do Alvia en Santiago falan un ano despois das súas vivenzas no documental "Angrois no esquecemento". Vinte voces conforman este relato que se presentou esta fin de semana no CGAC.

Cun presuposto inexistente, o grupo audiovisual Lentes Diverxentes acaba de presentar o seu documental "Angrois no esquecemento" cunha grande acollida por parte do público.

"Como colectivo, unha das motivacións era esa, darlles unha voz e que lles sirva de axuda para as súas reclamacións, para as súas reivindicacións. Só esperamos cumprir coas expectativas que puxeron en nós" asegura Emilio Carral, coautor do documental.

O principal reto para o colectivo foi o de contar o sentimento da xente mais sen usar imaxes explícitas do acontecido. Equipos de urxencia, vitimas e familiares compoñen as vinte voces que narran as súas vivencias.

"Non me resulta difícil falar porque xa me acostumei a iso e de feito gústame facelo porque quero que a xente saiba o que nos pasou e como nos sentimos. Porque iso podíalle pasar a calquera", recoñece Esperanza Fernández, familiar de tres vítimas do accidente.

Espérase que o documental, sen ánimo de lucro, chegue a máis salas de proxección nos vindeiros meses.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí