'Ángeles sin alas', un himno á esperanza composto polo ourensán Antonio Luz
Publicado o 07/04/2020 14:47
Un himno á esperanza neste tempo de loita e confinamento. É o tema que o galego Antonio Luz compuxo para recoñecer tamén o traballo de todos aqueles heroes anónimos apostados na primeira liña desta loita.
Garda civil de profesión, este ourensán natural de Sarreaus e destinado en Madrid, emprega a súa faceta de cantautor para desexar que esta situación se converta nunha lección de vida que nos faga máis humanos.
Desde o seu confinamento en Madrid, admite que, malia ter morriña, agora toca ser responsables.