CRTVG

Buscar

Andrew Cuomo, gobernador demócrata de Nova York, deixará o seu cargo o 24 de agosto debido ás acusacións de acoso sexual

Publicado o 11/08/2021 15:23

Andrew Cuomo, gobernador demócrata de Nova York, deixará o seu cargo o 24 de agosto debido ás acusacións contra el de acoso sexual. Cuomo era, ata que saltou este escándalo, un firme candidato a aspirar a presidir, no futuro, o país. Nova York vive hoxe unha traxedia grega. A historia de auxe e caída do gobernador, Andrew Cuomo, que nuns meses pasou de ser o rumoreado futuro candidato presidencial a un político illado. Abandonado por todo o aparello demócrata e coa única opción de dimitir.

A consecuencia das 11 acusacións de acoso sexual e comportamento inapropiado, corroboradas pola fiscalía. Un claro eco do movemento #MeToo. O ambiente político neoiorquino sempre tivo unha reputación de ser desapiadado e autoritario. Unha paisaxe en que mandan as persoas sen escrúpulos e con tendencia á controversia. Cuomo é o terceiro gobernador consecutivo que deixa o poder no medio dun escándalo.

En dúas semanas, ocupará o cargo Kathy Hochul, a vicegobernadora. A primeira muller en tomar as rendas do estado. Vai ser o 24 de agosto.

 

Noticias web

11/08/2021