CRTVG

Buscar

Andrés Villar, o home que coida das gaitas da Arxentina

Publicado o 16/09/2021 19:00

Punteiros, roncóns ou ronquetes son algúns dos obxectos que foi reunindo Andrés Villar nos últimos anos, unhas pezas que hoxe forman parte do primeiro museo itinerante de gaitas da Arxentina. Hai uns anos, Andrés Villar comezou a recuperar as gaitas empregadas pola emigración galega na Arxentina. Froito dese traballo naceu o MVIGA Manuel Carral, tamén coñecido como o Museo Virtual Itinerante da Gaita na Arxentina.

Esta colección conta con máis de dez gaitas e decenas de pezas, a maioría delas fabricadas na Arxentina. Andrés recoñece que cada vez é máis difícil atopar novos instrumentos, aínda que confía no entusiasmo das novas xeracións.

 O museo tamén está dispoñible en liña, con información dos gaiteiros máis recoñecidos da Arxentina.

Noticias web

16/09/2021