CRTVG

Buscar

A Revista

Andrés Suárez conclúe a súa xira pola Arxentina cun concerto íntimo en Bos Aires

Publicado o 14/04/2016 13:10

O cantautor ferrolán Andrés Suárez rematou a súa famosa xira na Arxentina cun concerto íntimo.
Despois de encher emblemáticos teatros coma o Gran Rex de Bos Aires, asegura que é no país austral onde está o seu futuro profesional.

Andrés Suarez leva 17 anos somerxido nun idilio permanente coa música coa que recorre os escenarios de todo o mundo.
Os últimos, na Arxentina, onde ven de culminar unha exitosa xira trala que ten claro que o seu futuro está no país austral.

Andrés Suárez, cantautor: "O público de autor, aquí chámanlle a trova, crece, crece e crece na Arxentina. Xamais decrece".

Encheu o Teatro Gran Rex, un dos máis emblemáticos de Bos Aires, xunto a Ana Belén e Víctor Manuel e tocou coa banda de Sabina algúns dos temas de "Mi pequeña historia", o seu sexto disco co que puido sentir o calor do público.

Andrés Suárez, cantautor: "É incrible. O público arxentino é único no mundo, garántoo".

Neste traballo Suárez fala do adeus dun xeito optimista, pero tamén da súa historia, a dun galego soñador que quería ser cantante e que, finalmente, o conseguiu.

México e España son os seus próximos destinos antes de pór un punto e final a esta xira cun concerto en Madrid o vindeiro 4 de novembro. Pero será un adeus breve, pois xa está a preparar un novo disco, do que por certo, xa ten un par de temas de aquí, escritos en Bos Aires.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

14/04/2016