CRTVG

Buscar

Andrés Cortabitarte sae da dirección de ADIF

Publicado o 27/05/2021 08:31
Andrés Cortabitarte sae da dirección de ADIF

Andrés Cortabitarte sae da dirección de ADIF. A decisión prodúcese tras ser acusado pola fiscalía, no caso do Alvía, de 80 homicidios. O exdirector de seguridade do ADIF sentará no banco e enfróntase a catro anos de prisión.

Esta saída de Cortabitarte dos altos cargos do ADIF era unha reclamación das vítimas do accidente dende que foi imputado. O xuízo do caso Alvia prevese que podería comenzar no primeiro trimestre do próximo ano.

Noticias web

27/05/2021