CRTVG

Buscar

Andoni Ortuzar: "As últimas 24 horas foron lamentables, e fixérono todos, incluso estiveron a punto de arrastrar o Rei"

Publicado o 18/09/2019 10:05

O presidente do PNV, Andoni Ortuzar, estivo este mércores no estudio do Bos días, onde analizou a actual situación, en que a ruptura das negociacións conduce a unha nova convocatoria electoral.

"Foi inevitable pola cerrazón dalgúns dirixentes políticos que non fixeron o que tiñan que facer. Non é tan difícil facer gobernos de coalición. Nós, no País Vasco temos gobernos de coalición en distintas institucións. Se un ten vontade política, conséguese. Foi un fracaso estrepitoso dos dous actores principais", asegurou.

"Todos temos parte de responsabilidade para crear un clima que os obrigase a sentar nunha mesa para acordar, non para discutir. Pero a eles dous: a Sánchez sobre todo, tocáballe seducir, fraguar investidura e logo, tamén a Unidas Podemos; despois outros estabamos dispostos a dar gratis o apoio sen condicións". 

"Despois das eleccións municipais houbo cambio de enfoque. Dende abril a maio si había intención  de alcanzar un acordo coalición. Logo, os resultados debuxaron espellismo, Podemos baixaba, eles subían e a Sánchez entraríalle a certeza de que non tiña que optar a coalición. E Podemos tamén andou torpe, na investidura de xullo puido coller a última oferta. Nesa pelexa de galos temos a sensación de que perdemos todos", analiza Ortuzar, quen ve unha situación complicada de cara aos próximos meses: "Coas cortes paralizadas, maior responsabilidade, inadmisible, non son capaces de elevar a vista de intereses particulares, hai nubarróns pesados que ameazan de gota fría. O panorama internacional é incerto, a economía empeza a parecer máis negra do que pensabamos, e no ámbito doméstico hai cuestións pendentes que van mediatizar moito o ámbito político, como a sentenza procés. Abordar iso en medio de campañas electorais é unha irresponsabilidade".

E non cre que a situación vaia cambiar moito logo das eleccións. "A socioloxía electoral é teimuda, e non creo que vaia haber viravoltas, pode haber un cambio de 15 escanos arriba abaixo, pero imos estar abocados á mesma situación. Nós imos seguir sendo responsables, 5-6 deputados poñeremos para que haxa estabilidade. O que espero é que os políticos de Madrid aprendan a lección".

Ante este panorama é difícil, senón imposible, abordar reformas importantes, como a do Estado das autonomías.

"O Estado autonómico foi progreso nos últimos 40 anos, non o negamos, -di o presidente do PNV-. Pero tamén está claro que ese Estado das atuonomías fixo crise. PP e PSOE son incapaces de asegurar financiación autonómica. É un dos temas pendentes do novo Goberno. O modelo hai que cambialo, é un traxe que quedou pequeno Redefinición das competencias. O Estado non xogou limpo, foi socavando competencias das Comunidades Autónomas". "As comunidades perdemos parte do poder, pero asumimos máis servizos, moito máis gasto público. O tema de como sufragar o gasto non está encamiñado, fai falta esa claridade competencial e máis respecot institucional. Os gobernos das comunidades tamén son Estado, merecen respecto, e debe haber unha relación bilateral baseada na cooperación e non conflito e imposición".

"O café para todos non vale, primeiro porque non hai unha mesma vontade de autogoberno por parte de todas. Hai comunidades con identidade propia que as fai necesidade autogoberno, pero hai outras que non sinten esa identidade como a podemos sentir nós e igual para elas debemos buscar nivel distinto". "Na Constitución do 78 xa se debuxaba esa situación pero despois deron café para todos para desdebuxar a o autonomísmo, e non nos contenta ao vascos, aos cataláns e probablemente aos galegos, e aos outros venlles demasiado grande. Hai que volver axustar o Estado das autonomías para que dea resposta ao que foi a súa orixe que é á necesidade de autogoberno de cada rexión".

"A Constitución dá vimbios suficientes para progresar no modelo autonómico. Aquí o que falta vontade política, que se remangue e faga acordos; para todo: a gobernabilidade, o entendemento con Esukadi e Cataluña ou o para buscar unha nova fórmula para o mapa autonómico".

Volvendo á situación política española, Ortuzar é contundente: "Nós somos moi críticos con esta forma de facer política a través de twitter. É máis fácil falar, coller o teléfono e falar. Hai que poñer bois antes có carro. A política actual rompe relación persoal, é moi artificial, de plástico e isto trae consecuencias. As últimas 24 horas de onte foron lamentables, e fixérono todos, incluso estiveron a punto de arrastrar ata o Rei. Os augurios nada vós. Espero que todos aprendéramos desta lección".

"En Euskadi temos tanta ou máis fragmentación tamén e gobernamos en coalición, co PSOE, con Esquerda Unida e ata co que foi a nosa escisión. Iso hai que traballalo. A apelación de Carmen Calvo ao bipartidismo é un primeiro mensaxe preelectoral".

"Levamos desde 2015 nunha provisionalidade política. Que hai que facer? Sentar nunha mesa e chegar a acordos. O acordo infalible non existe. Hai que facer un acordo porque o país non aguanta máis nesta provisionalidade".

"O acordo que fagan para a investidura ten que garantir a gobernabilidade. Non poden facer pacto con Ciudadanos ou o Partido Popular para chegar á Moncloa e logo pretender gobernar con nós ou con Podemos. Hai que ter coherencia, en politica non vale todo. Espero que oíran lección e que haxa coalición ou acordo pero que sexa coherente. Se o PSOE opta por unha gran coalición co PP quere dicir que España se vai encamiñar nun determinado modelo, se opta por outro será outro camiño. Nós esperamos que sexa o segundo. A gran coalición sería moi artificial e autoanularíase en pouco tempo".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí