CRTVG

Buscar

Andalucía valora os danos do temporal e o goberno anuncia axudas aos concellos afectados

Publicado o 15/09/2019 14:51


Con máis de 1.000 incidencias rexistradas desde o xoves e 133 municipios afectados polas fortes precipitacións en Málaga, Granada e Almería os traballos de limpeza continúan nas rúas e tamén nas vivendas e garaxes anegados.
O presidente andaluz, Juanma Moreno, visitou onte un dos lugares máis danados, Villanueva del Trabuco, onde destacou que se están cuantificando os danos con rapidez e que se van activar os plans de axuda para os concellos afectados.

"Dei instrución xa tanto á Consellería de Presidencia como á Consellería de Administración Local para que se poñan en marcha as axudas aos concellos para moitas cuestións: axudas para limpeza, saneamento e recuperación." Di Juanma Moreno, presidente de Andalucía

Tamén reclama axudas o sector agrario. O dos invernadoiros foi un dos máis afectados, con estragos nas infraestruturas e nas colleitas. Almería levou a peor parte e a Consellería de Agricultura activou un comité de catástrofes para avaliar danos e habilitar medidas.

Durante esta mañá o temporal mantivo só algunhas comarcas cordobesas e sevillanas en aviso amarelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019