CRTVG

Buscar

Andalucía prescinde do termo "achegados" e fala de reagrupación familiar durante o Nadal

Publicado o 04/12/2020 20:33

Este ano non se poden tomar as uvas na Porta do sol. A comunidade de Madrid prohíbe as celebracións de Noitevella en prazas e vías públicas. Ademais, durante o Nadal, os concellos deben controlar o número máximo de persoas nas rúas máis transitadas; reducir a asistencia aos mercados ao aire libre; e organizar as cabalgatas en recintos acoutados.

"As cabalgatas de Reis e os concertos de Nadal na vía pública só poderán realizarse en recintos acoutados, co público asistente sentado e sen superar o 50% da capacidade", anunciou Antonio Zapatero, viceconselleiro de Saúde Pública do goberno autonómico.

O resto de comunidades ultima o paquete de restricións para as festas. A Xunta de Andalucía xa anunciou que vai prescindir do termo "achegados" e apostará pola "reagrupación familiar". Polo momento, máxima cautela na ponte da Constitución. Todas as comunidades, menos Estremadura, Canarias e Baleares, manteñen o peche perimetral dos seus territorios nestes días nos que se reforzan os controis na rede viaria.

Noticias web

04/12/2020