Andalucía mantén as restricións e o toque de queda ata o 10 de decembro
A Xunta de Andalucía é consciente de que hai que seguir traballando duro para baixar a incidencia da covid-19. Así o explicaba Juanma Moreno, que anunciaba hoxe, tras reunirse co comité de expertos, que as medidas que se iniciaron o 10 de novembro se van prorrogar ata o 10 do mes vindeiro. Iso significa que se mantén o peche perimetral da comunidade e de todos e cada un dos municipios. Nos concellos só se poderá entrar ou saír de forma xustificada. Ademais, o toque de queda seguirá vixente desde as dez da noite ata as sete da mañá.
"Entendo e entendemos o enfado, o afastamento, a incomprensión que causan decisións como o peche de municipios, o toque de queda, os horarios, ocupacións tan restritivas para a hostalería. Estamos facendo o correcto, o mellor para todos", declarou o presidente andaluz, Juanma Moreno.
A limitación horaria para o comercio e a hostalería continúa ata as seis da tarde. Agora os bares e restaurantes terán unha pequena medida de alivio. Poderán permanecer abertos para que os clientes recollan os seus pedidos ata as nove e media da noite. Ademais, aprázase o peche das tendas de xoguetes ata as oito da tarde.
Andalucía presentaba esta fin de semana 507 casos de contaxio por cada cen mil habitantes