CRTVG

Buscar

Andalucía e Galicia pactan principios comúns para reformar o financiamento

Publicado o 22/10/2021 13:08

EFE/José Manuel Vidal

Andalucía e Galicia acordaron este venres uns principios comúns para a reforma do novo modelo de financiamento autonómico, que son a igualdade, a garantía de servizos equitativos, e a multilateralidade e non a bilateralidade, para que sexa un sistema para as "persoas e non para os territorios, sen ir contra ninguén".

Estes son os principios que pactaron nunha declaración conxunta os presidentes da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen afirmou que "as cuestións de ponderación non poden embazar" os puntos comúns, en alusión aos distintos criterios de ponderación expostos por cada autonomía.

O presidente andaluz destacou que coincidiron en que é necesario mellorar o financiamento das comunidades e que debe basearse na igualdade "plena para 47 millóns de españois". Juanma Moreno dixo que teñen unha obriga para que "non haxa privilexios", porque, afirmou, "aquí non hai categorías en España, somos todos de primeira"

Feijóo deixou claro que non se trataba dunha reunión de presidentes de partidos, senón autonómicos, e, polo tanto, non viñeron "a pactar cuestións de partido" no sentido de facer unha fronte común das comunidades gobernadas polo PP en defensa dun sistema de financiamento autonómico.

Noticias web

22/10/2021