CRTVG

Buscar

Andaina en Palas para facer visible o problema da violencia machista

Publicado o 23/11/2019 17:16

Están a recoller as prendas para participar nunha andaina ata o castelo de Pambre, en Palas de Rei. É a terceira edición dunha xuntanza que quere facer visible o problema da violencia de xénero.

Cada ano son máis os participantes que se achegan a esta localidade para pór o foco nun problema que continúa aumentando.

Acabar coa violencia de xénero precisa da implicación de todos. Cómpre activar tódolos mecanismos porque só nos seis primeiros meses do ano xa se presentaron 3.343 denuncias en Galicia relacionadas coa violencia contra mulleres.

Noticias web

23/11/2019