CRTVG

Buscar

'Anatomía dunha serea', a nova montaxe de Iria Pinheiro

Publicado o 25/10/2018 19:12

Teatro documental é a proposta do laboratorio de creación escénica do grupo Chévere, A Berberecheira. A última montaxe fala da violencia obstétrica. A actriz Iria Pinheiro protagoniza 'Anatomía dunha serea' baseada nunha experiencia própia. Pódese ver no Auditorio Constante Liste da Ramallosa, en Teo, hoxe e mañá.

XRon: "Nestes tres traballos que, nós, un pouco, o que buscamos era dar soporte a outros actores, actrices que non formen parte, digamos, de Chévere pero, aos que poidamos axudar a desenvolver algún tipo de proxecto. Neste caso, o ciclo da Berberecheira, que se centra en traballos que teñan que ver con experiencias vitais que se conten en primeira persoa".

XRon: "'Anatomía dunha serea' é un traballo dunha actriz e un traballo que ten moito que ver cunha historia de muller".

Iria Pinheiro: "Ven dunha necesidade persoal de contar a historia de de que quería tamén, que as cousas cambiaran. Notaba que cando se poñía en común, con outras mulleres pois algo se mudaba".

XRon: "Aquí non hai ficción. Estamos tratando o espazo do escenario como unha prolongación do patio de butacas. Do que se trata tamén e de que sirva como un espello, como se estivésemos asistindo a un documental, donde hai alguén que nos está contando a súa experiencia".

Iria Pinheiro: "Pois está escrito desde un punto de vista testemuñal e penso que tamén construtivo nalgún sentido. É unha crítica pero creo que está nun sentido moi positivo e penso que moita xente se vai sentir identificada, aliviada tamén. Como me sentía eu ao escoitar as historias doutras mulleres  O título vén da sensación que eu tiña despois do parto, da episiotomía e das dificultades que me deixou. A sensación de que quedara peixe, de cintura para abaixo, e aí sentíame como unha serea".

"Para nós foi natural, no sentido de coller a historia real e achegarlle a parte poética e teatral. Imos usar o que temos, este esqueleto, e a partir de aí van vindo as imaxes. E logo, por sorte, temos moito humor, e iso axuda bastante a ver desde outro punto de vista e a narrar tamén. Con esa poesía que ten María Lado. Xa no momento que sae o tema en que sae a violencia obstétrica, ramifícase todo moitísimo e claro, a parecen vinte mil personaxes e ao final houbo que encamiñar todo, por isto de e ser teatro documental e de ser a historia dunha persoa, testemuñal. Única. Todo leva a que sexa unha a personaxe".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2018