Analizamos as medidas de regreso ás aulas
Regresan os máis pequenos ás aulas. Primeiro nas escolas infantís privadas e agora nas públicas. Ao regreso sumaranse os alumnos de primaria a vindeira semana.
A reapertura dos colexios considérase un momento de máximo risco na loita contra a pandemia. Esta mañá, o presidente do Goberno analiza cos presidentes autonómicos o regreso ás aulas. Falamos co pediatra e epidemiólogo Quique Bassat para analizar as medidas que se tomaron.
• Estamos preparados para reabrir os centros escolares?
"Dende finais de maio e xuño do curso pasado xa se falaba da posibilidade dunha segunda vaga (...). Era previsible, outra cousa é que non tivésemos a axilidade para prepararnos máis rápido durante o verán", di Quique Bassat.
O pediatra e epidemiólogo cre que "haberá moitas infeccións na idade pediátrica, moitas asintomáticas", pero non cre que todos os nenos se infecten durante o curso escolar.
Non deberían preocupar demasiado aos pais, si dende punto de vista de saúde pública, porque poderían contribuír á transmisión fóra das escolas.
• As medidas son eficaces?
"Si, son as mesmas que seguimos na rúa: uso da máscara, distanciamento social, hixiene (...). Nos colexios reprodúcense estas medidas dun xeito máis intensivo".
• Usar sempre a máscara dentro da aula?
"Os nenos maiores de seis anos demostraron que as poden levar durante un tempo prolongado sen problema (...) Non é un tema necesariamente problemático".
Se aparecen positivos nunha clase, o pediatra Quique Bassat recomenda "diagnosticar os casos sospeitosos de ser positivos. Unha vez detectado algún positivo, facer un bo rastrexo dos contactos directos".
No tocante á posible reacción dos nenos, Bassat opina que o feito de que conviviran coa pandemia fai que a coñezan tan ben coma os adultos. "É certo que levan meses sen estar na clase e volver a unha rutina escolar diferente require de moita comunicación con eles para explicarlles por que se fan as cousas deste xeito". Os pais deben actuar, segundo Bassat, con transparencia, tratando os nenos "co respecto que se merecen".
• Transmisión do virus nos nenos
"Hai moitas diferenzas. A expresión clínica das infeccións é diferente nos nenos e nos adultos. A maior parte delas son asintómaticas. Agora sabemos que os nenos contaxian dun xeito parecido aos adultos. Precisamos seguir investigando para entender mellor o papel dos nenos na transmisión comunitaria deste virus".
• Que facer coas actividades extraescolares e o comedor?
Bassat considera que debe aplicarse as mesmas medidas das escolas nas actividades extraescolares: crear grupos burbulla adicionais ou ter unha boa trazabilidade para saber con quen mantiveron contacto, entre outras medidas. Non cre conveniente limitar as actividades de ocio dos nenos porque os propios adultos non o fixeron.