CRTVG

Buscar

Xosé Manuel Rey Varela: "O noso obxectivo era garantir a estabilidade"

Publicado o 31/05/2019 11:42

No informativo Bos días mantivemos unha conversa co candidato á alcaldía de Ferrol polo Partido Popular Xosé Manuel Rey Varela. Fixemos unha análise postelectoral tras quedar a pouco máis de mil votos para acceder a gobernar a cidade.

"O noso obxectivo era garantir a estabilidade".

"Non é o mesmo un partido que gaña as eleccións aínda que despois non poida gobernar pola suma de todos os demais, que o resultado das Mareas, que en tres cidades estaban gobernando e que pasan a ter a metade da representación. Entendo que é un castigo moi importante por parte dos cidadáns".

Noticias web

31/05/2019