CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

'Anagnórise': María Victoria Moreno nos seus libros

Publicado o 07/05/2018 17:09

A novela máis célebre de María Victoria Moreno é Anagnórise". Dende que Gaxia publicou en 1988 Lérona varias xeracións de galegos. Está considerada coma un 'long seller'.

Esta novela amorosa e xuvenil representa un anovamento do xénero, xa que introduce temas coma a droga.

O nome vén dun topos grego que significa o descubrimento dunha identidade descoñecida, como pode ser o caso de edipo Rey.

Un mozo, Nicolau Arís, cheo de problemas persoais e familiares, fai autostop e viaxa a Madrid cunha muller madura. Na viaxe muda a conciencia de si mesmo.

A crítica entende que se pode ler en clave feminista.
Foi traducido ao castelán, ao catalán e ao vasco.
A escritora dedicoullo aos seus alumnos de Vilalonga, "que me aledaron os días en que eu enfiaba esta historia, que me regalaron o bolígrafo con que a escribín".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

07/05/2018