CRTVG

Buscar

Ana Seijas: "En Marea non está subordinada a ningunha outra forza política"

Publicado o 26/03/2019 13:45

Marcos Sueiro conversa no Bos días con Ana Seijas, vicevoceira de En Marea.

"A xente na rúa está mobilizada".

"Os tempos que estamos vivindo fan que a xente estea na rúa reclamando esas melloras e eses cambios que precisa. Hai un estado xeral de mobilización e creo que tamén de esperanza e de ilusión de poder dicidir a partir do 28 de abril cal vai ser o seu futuro".

"En Marea xurdiu para atender as demandas reais da sociedade, as pensións, o cambio climático, políticas sociais... e por iso En Marea está moi atenta ás demandas da sociedade, como a reivindicación das mulleres do 8 de marzo, e a trasladar esas demandas ás institucións para convertelas en políticas que resolvan os problemas que ten a xente".

"Nós somos un proxecto non subordinado".
"En Marea segue sendo o proxecto que naceu no 2016 e seguimos afrontando ese contrato coa cidadanía. Somos un proxecto non subordinado, un proxecto galego, un proxecto que naceu para romper os marcos que xa non servían".




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019