CRTVG

Buscar

Ana Pontón visita Bruxelas para reclamar unha xestión menos centralizada dos fondos de recuperación

Publicado o 01/06/2021 21:04

A líder da oposición galega, Ana Pontón, visitou Bruxelas para manter un encontro coa comisaria europea de Cohesión, a portuguesa Elisa Ferreira, onde reclamou unha xestión menos centralizada dos fondos de recuperación europeos que recibirá Galicia. 

O BNG pide directamente en Bruxelas que Galicia teña máis voz na distribución e proxectos financiados por estas axudas europeas extraordinarias contra a crise da covid.

Ana Pontón mantivo un encontro persoal co comisaria de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, en que falou sobre os fondos para a Eurorrexión Galicia-Portugal e a necesidade de mellorar as infraestruturas e a mobilidade.

Precisamente, para esta partida Galicia obterá 1.800 millóns de euros dos fondos de recuperación. A líder do BNG tamén lle reclamou á comisaria portuguesa que as axudas europeas aposten polo tecido produtivo local e non tanto polas multinacionais.

Noticias web

01/06/2021