Ana Pontón sobre as axudas á hostalaría: "Pensamos que habendo vontade política, o imprescindible acordo entre administracións era posible"
Publicado o 30/01/2021 15:59
O BNG lamentaba este sábado que a Xunta, as deputacións e os concellos non chegasen a un acordo para tramitar de xeito conxunto as axudas para o sector hostaleiro.
"Pensamos que habendo vontade política, o imprescindible acordo entre administracións era posible. De feito, traballamos nesa dirección, poñendo sobre a mesa e propiciando acordos, tanto no Parlamento galego como nas deputacións e nos concellos", afirmou a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.