CRTVG

Buscar

Ana Pontón promete poñer en marcha un goberno que teña como centro da actuación a defensa dos dereitos das mulleres

Publicado o 09/07/2020 15:15

Hoxe o BNG quixo homenaxear as mulleres que estiveron en primeira liña na loita contra a covid-19. 

Traballadoras de supermercados, empregadas do fogar, coidadoras... que segundo a candidata nacionalista á presidencia da Xunta foron esenciais para o conxunto da poboación nestes últimos meses.

Ana Pontón comprometeuse con elas en poñer en marcha un goberno que teña como centro da actuación política a defensa dos dereitos das mulleres.

 

Noticias web

09/07/2020