Pontón pide confianza no BNG aos defraudados
Publicado o 13/10/2019 13:01
"Nós agradecemos que dende En Marea se faga esa aposta, por pedir o apoio de maneira explícita ou implicita para unha forza sen dependencia das forzas estatais. Está claro que a única que se presenta ás eleccións xerais que cumpre ese requisito é o BNG".
"O que lle dicimos a todas esas persoas decepcionadas co espectáculo que deron as forzas progresistas estatais é que non queden na casa".
"Galicia gaña cun BNG con voz propia no Congreso que pode ser ademais decisivo nun contexto no que non vai haber maiorías absolutas", di Ana Pontón, voceira nacional do BNG.