Ana Pontón pídelle á Xunta que invista máis diñeiro en educación
Publicado o 04/09/2020 15:38
Co inicio do curso escolar á volta da esquina a líder da oposición, Ana Pontón, reuniuse coa Federación das ANPA de Pontevedra, que xa anunciou que non vai poñer en marcha o programa de madrugadores nin o comedor escolar.
Pontón pediulle á Xunta que invista máis diñeiro en educación e cualificou de improvisada a xesión do inicio do curso.