CRTVG

Buscar

Ana Pontón pide un mecanismo nos orzamentos que garanta equidade no reparto dos fondos

Publicado o 16/10/2021 15:45

O BNG pídelle á Xunta que estableza un mecanismo nos orzamentos do ano que vén que garanta que os fondos que o Goberno galego inxecta aos concellos se distribúan de xeito transparente e equitativo.

Nun cumio municipal en Santiago a voceira nacional do partido acusou a Xunta de usar de forma partidista eses fondos e distribuír os recursos públicos sen ter en conta os criterios de igualdade, claridade e transparencia. 

Ana Pontón tamén denunciou o trato discriminatorio que reciben as cidades galegas con respecto a outras españolas. 

 

 

Noticias web

16/10/2021