CRTVG

Buscar

Ana Pontón pide máis financiamento para as universidades no inicio do curso

Publicado o 03/09/2021 13:07

A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego Ana Pontón no arranque do curso universitario di que Galicia necesita dunha universidade pública forte e pide mais financiamento para formación e investigación. 

"Seria importante que este inicio de curso se fixera con máis financiamento público para as universidades, e cremos que se necesita un plan para reforzar con 40 milóns de euros a universidade e 30 a investigación, 70 millóns de euros máis para o sistema de financiamento universitario", asegurou Ana Pontón.

Noticias web

03/09/2021