Ana Pontón pide á Xunta que paralice o ere a Vestas para que non continúe a "sangría industrial" na Mariña
Publicado o 05/10/2021 19:07
Á manifestación contra o peche de Vestas acudiu a voceira nacional do BNG para amosarlles o seu apoio aos traballadores. Pídelle á Xunta que paralice o ere extintivo porque, di Ana Pontón, o que quere Vestas é deslocalizar a produción. Engadiu que non se pode permitir que continúe o que cualificou como "sangría industrial" na Mariña.
"Non entendemos como en pleno boom eólico depredador en Galicia se pode perder nin un só posto de traballo no sector eólico. Non queremos que Vestas siga o camiño de Siemens Gamesa e é importante para iso que haxa decisións políticas que contribúan a que este sector non se deslocalice senón que siga producindo no noso país", afirma a voceira do BNG.