CRTVG

Buscar

Ana Pontón: "O plan de desconfinamento debe estar adaptado á realidade galega"

Publicado o 27/04/2020 15:39

 A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, propón que o desconfinamento sexa "froito do acordo entre axentes sociais e forzas políticas". Ademais, insistiu en que estea "adaptado á realidade de Galicia" cunha escala de aplicación por comarcas "e distinguindo entre contorno urbano e rural".

A líder nacionalista dixo que ten que ser o Goberno autonómico o que tome a decisión de como aplicar o desconfinamento. "Sorprende queo presidente da Xunta apoiara a constitución dun mando único en Madrid: dá a sensación de estar máis cómodo na crítica ao que fan outros que asumindo a súa responsabilidade e poñéndose á fronte das medidas que necesita este país", sentenciou.

 

Noticias web

27/04/2020