Ana Pontón: "O BNG está preparado para calquera cita electoral"
Publicado o 07/01/2019 15:05
No curso político que comeza hai, como mínimo, dúas citas electorais: as municipais e as europeas. No BNG din que están preparados para esas eleccións e tamén para as xerais. Dan por descontado que Pedro Sánchez non poderá esgotar a lexislatura.