CRTVG

Buscar

Ana Pontón ve un cambio de ciclo na remonta do BNG

Publicado o 29/04/2019 18:08

Entrevista telefónica con Ana Pontón, voceira nacional do BNG, para falar dos resultados das eleccións xerais do 28-A.

"Comprobaremos como a falta do nacionalismo de Galicia o que fai é agudizar a discriminación das forzas estatais co país".

O BNG quedou ás portas de conseguir un escano, ao duplicar os seus apoios. A formación nacionalista obtivo 93.000 votos, que a súa voceira interpreta como unha "remonta" que vaticina un cambio de ciclo electoral.

Ana Pontón cre que a polarización desta campaña impediu que o Bloque regrese ao Congreso, pero cre que o partido vai xogar un papel decisivo nas próximas autonómicas.

 

Noticias web

29/04/2019