Ana Pontón fai un chamamento a sumar no BNG todo o voto do cambio galego
Publicado o 09/07/2020 21:28
O BNG celebrou mitin en Vigo. Dende alí os nacionalistas fixeron un chamamento a sumar no BNG todo o voto do cambio galego.
A tres días da cita coas urnas a candidata nacionalista á presidencia da Xunta pediu un grande esforzo final, sobre todo a aquelas persoas que aínda non teñen decidido o seu voto ou que mesmo dubidan acudir ás urnas.
Ana Pontón dixo que o importante o próximo domingo é que ningún voto do cambio galego quede na casa, porque está en xogo o futuro de Galicia