CRTVG

Buscar

Ana Pontón entrega no BNG os avais para poder ser candidata á Xunta

Publicado o 02/12/2019 14:57

O BNG segue negociando co PSOE o apoio á investidura. Esta tarde, o deputado Néstor Rego estará xunto Esquerra, Juns per Catalunya e EH Bildu nun acto no exterior do Congreso. Pola mañá, a voceira dos nacionalistas entregou os avais para poder presentarse como candidata á Xunta nas próximas eleccións autonómicas. Ana Pontón recolleu 1.252 sinaturas, seis veces máis das estipuladas para poder dar o paso. Di que está ilusionada cun proxecto que lograron levar a Madrid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019