Ana Pontón do BNG apela a unha "reflexión colectiva" ante a asemblea de novembro
Publicado o 04/09/2021 14:28
A líder do BNG, Ana Pontón, insistía este sábado nunha tarifa eléctrica galega no acto de inicio de curso político dos nacionalistas na Coruña.
Falaba tamén Pontón do futuro da formación. Apelaba a unha "reflexión colectiva" con vistas á asemblea nacional de novembro. Decisiva, remarcou, para ensanchar a base social do Bloque.