Ana Pontón di que Galicia necesita un goberno que sexa motor da reactivación económica do país
Publicado o 08/07/2020 21:17
En pleno corazón da Cidade das Burgas, a candidata nacionalista á presidencia da Xunta fixo un chamamento a prender o motor do cambio en Ourense e dende aquí trasladalo ao resto do país.
Ana Pontón di que Galicia necesita un goberno que sexa motor da reactivación económica do país. Un goberno que, segundo a candidata, tamén faga historia, cunha muller na presidencia.