Ana Pontón destaca "a experiencia" da candidatura, en que repetirán todos os parlamentarios da lexislatura que termina
Publicado o 27/02/2020 15:15
O BNG deu a coñecer esta mañá os cabezas de lista do seu grupo parlamentario. Repetirán os candidatos dos pasados comicios nas catro provincias galegas. Ana Pontón, na Coruña; Olalla Rodil, en Lugo; Noa Presas, en Ourense, e Luís Bará, en Pontevedra.
Avanzouno esta mañá a voceira nacional da formación na visita que realizou a unha empresa de procesado de castañas na localidade de Allariz. O BNG aprobará estas listas no consello nacional do próximo sábado.
"Apostamos con claridade por aquilo que funciona nestes catro anos vimos como os cabezas de lista do BNG son persoas capaces, formadas e foron quen de defender a alternativa do Bloque".