CRTVG

Buscar

Ana Pontón cualifica de "pitorreo" o anuncio do pago dunha parte dos 700 millóns

Publicado o 21/09/2019 14:18

A voceira do BNG, Ana Pontón criticou a "frivolidade" dos partidos estatais con respecto aos fondos das comunidades autónomas, e ao anuncio de desbloqueo dunha parte xusto agora. Insistiu en que o problema de fondo é o modelo de financiamento galego. Instou a Feijoo a presentar o recurso xudicial ante os tribunais para que o Estado pague a totalidade da débeda.

"Isto é un pitorreo despois de todo o que levamos visto e escoitado, por un lado e polo outro.
E hai outra cuestión de fondo e é que este modelo de financiamento non lle vai ben a Galicia porque cando deciden desde Madrid ao final o que están facendo é xogando cos nosos recursos. Se o presidente da Xunta quixera cambiar as cousas o que tería que facer é defender que a chave dos cartos dos galegos e das galegas a teñamos aquí e non en Madrid." Asegurou Ana Pontón, voceira do BNG.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/09/2019