CRTVG

Buscar

Ana Pontón, convencida da remonta do BNG nas eleccións do 26-M

Publicado o 05/05/2019 16:15

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, participou na presentación da candidatura nacionalista de San Sadurniño.

O optimismo foi o fío da súa intervención. Pontón fixo un convite a sorrir e mostrouse convencida de que o Bloque iniciou un proceso de remonta imparable que deixará bos resultados nas próximas eleccións municipais e europeas.

En San Sadurniño repite como cabeza de lista Secundido García, alcalde do municipio desde o ano 2007.

Noticias web

05/05/2019