CRTVG

Buscar

Ana Pontón asegura que Galicia está desaparecida no proceso de investidura

Publicado o 20/07/2019 21:23
Ana Pontón asegura que Galicia está desaparecida no proceso de investidura

Desde o Bloque Nacionalista Galego advirten de que o proceso de investidura amosa unha Galicia desaparecida.

Segundo Ana Pontón, "é o mellor retrato de que as solucións aos problemas do país non van vir desde Madrid".

A voceira do BNG, que hoxe participou en Lalín na homenaxe a Xesús Cordeiro, Menfis, histórico militante nacionalista, pediulle á militancia que saia á rúa o día 25 para demostrar que, segundo ela, outra Galicia é posible.

Noticias web

20/07/2019