CRTVG

Buscar

Ana Pontón arroupou o cabeza de lista do BNG para o Concello de Ourense

Publicado o 16/03/2019 18:48

O BNG presentou a súa súa lista completa coa que concorre ás eleccións munipais no Concello de Ourense. A Voceira Nacional, Ana Pontón, arroupou no Centro de Interpretación As Burgas, o cabeza de lista, Luís Seara, candidato á alcaldía de Ourense. Tamén estiveron a deputada no Parlamento galego, Noa Presas, e o candidato ao Congreso dos Deputados, Iago Tabarés. Entre os 27 da lista varias mulleres novas destacaron que apostan por sacar a Ourense da parálise en que se atopa despois de catro anos do goberno en minoría do PP.

Noticias web

16/03/2019