Ana Pontón anuncia emendas aos orzamentos para mellorar os investimentos en Monforte
Publicado o 21/10/2021 16:19

A portavoz nacional do BNG avanza que presentará emendas aos orzamentos da Xunta para mellorar os investimentos no concello de Monforte e na comarca.
Ana Pontón reclama a contratación de especialistas e a dotación dunha UCI para o hospital de Lemos e que se axilice o plan de mellora e ampliación do centro.