Ana Pontón agarda que os 42 deputados do PP non impidan a Feijóo "ver" a dobre crise
Publicado o 05/09/2020 18:16
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, pediulle "altura de miras" ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e que neste cuarto mandato, os 42 deputados dos que dispón o Partido Popular na cámara galega "non lle impidan ver os problemas dos galegos" para alcanzar "grandes acordos de país".