CRTVG

Buscar

Ana Pontón: "A axenda do BNG non a marca Feijóo"

Publicado o 04/10/2021 16:27

A voceira do BNG asegura que o proceso de reflexión sobre o seu propio futuro e o da organización aínda non está pechado.  Ana Pontón restou importancia este luns ás críticas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e remarcou, el non é quen marca a axenda do BNG.

"A axenda do BNG e de Ana Pontón non a marca Feijóo", subliñou a líder do Bloque cando lle preguntaron sobre as alusións do presidente galego á situación interna do BNG desde que ela anunciou que abría un proceso de reflexión para decidir se continuaba á fronte da formación.

En todo caso, Pontón insistiu en que "reflexionar non debería ser usado contra ninguén, pero que ao señor Feijóo lle moleste que eu pense creo que define cal é a súa concepción da política".

En todo caso, sobre este asunto, reiterou que cando conclúa este período de reflexión dirá "exactamente cal é o seu resultado", e trasladarallo á organización e aos medios de comunicación.

Noticias web

04/10/2021