Ana Peleteiro proclámase subcampioa de Europa de triplo salto
Publicado o 08/03/2021 08:09
A galega Ana Peleteiro demostrou ser unha competidora extraordinaria. Nun concurso en que foi de menos a máis, con toda a presión, fixo un último salto excelente para lograr a medalla de prata na final europea de triplo salto.
Peleteiro precisaba facer un gran salto na sexta rolda para entrar no podio. E non fallou. 14,2 foi a súa marca. Quedou a só un centímetro do ouro, que foi para a portuguesa Patrícia Mamona. Así pois, a atleta galega proclamouse subacampioa de Europa nunha final que tivo un altísimo nivel.