CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro persegue a medalla na final do Europeo de Berlín

Publicado o 10/08/2018 15:12

Ana Peleteiro pasou a final do europeo sen problemas. O mércores saltou catorce metros vinte e sete centímetros.

Nos mundiais de Birmingan, mundiais en pista cuberta, logrou a medalla de bronce con catorce corenta. E hai poucas semanas en Xetafe, nos campionatos de España ao aire libre chegou aos catorce cincuenta.

Desde que está adestrada polo cubano Iván Pedroso a mellora da atleta de Ribeira é unha realidade. Hoxe está entre as favoritas ao podio.

Solange Pereira queda a 5 décimas da final dos 1.500

E esta mañá, nas semifinais dos 1.500, a canguesa Solange Pereira, quedou ás portas da final por 5 décimas. A atleta galega entrou oitava na súa tanda cun tempo de 4 minutos 10 segundos e 63 centésimas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018