CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro, sexta en triplo salto no Mundial de Atletismo

Publicado o 05/10/2019 21:38
Ana Peleteiro, sexta en triplo salto no Mundial de Atletismo

A atleta galega fixo un mellor salto de 14,47 metros, co que logrou a sexta praza dunha proba na que venceu a venezolana Yulimar Rojas, cunha marca de 15,37 m, moi cerca do récord do mundo (15,50 m).

A medalla de prata conseguiuna a xamaicana Shanieka Ricketts, con 14,92 m, e a medalla de bronce logrouna a colombiana Caterine Ibargüen, campioa olímpica, con 14,73.

Noticias web

05/10/2019