CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro logra a mínima para os Xogos de Toquio

Publicado o 21/06/2019 10:49

A atleta galega Ana Peleteiro logrou onte a mínima para o Mundial de Atletismo de Doha e para os Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Peleteiro logrou a mínima no Meeting Iberoamericano celebrado en Huelva. A plusmarquista española e campioa europea logrou unha mellor marca de 14,33 na proba de triplo salto, na que finalizou terceira. Peleteiro convértese así na segunda galega confirmada para os Xogos de Toquio. O primeiro foi o regatista Nicolás Rodríguez en Vela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/06/2019