CRTVG

Buscar

Ana Peleteiro, homenaxeada en Ribeira, a súa vila

Publicado o 14/03/2018 16:54

A vila de Ribeira homenaxea a Ana Peleteiro. A recente medalla de bronce no mundial de Birminghan goza duns días de lecer, e onte tivo unha recepción oficial no Concello da súa vila. A atleta foi aclamada pola multitude en Ribeira. Peleteiro recibiu as mostras de afecto de centos de persoas. Lembren que acaba de lograr a súa mellor marca persoal, 14.40. Agora descansará un días antes de comezar coa preparación da temporada ao aire libre.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018